Puri e Elsa enfróntanse unha vez máis nas clases de cociña do concello. Maite está farta e moi tensa porque os veciños de Louredo non son precisamente dos que se deixan manexar. Delmiro dálle unha idea e a funcionaria non a desaproveita: técnicas de relaxación.
O que a priori era unha idea sensata deriva nunha tolemia das habituais: a creación dunha liña telefónica contra a tensión. Pero non a tensión de Maite, senón máis ben a de todos os veciños de Louredo. Porque a pobre Maite non só non conseguirá desestresarse, senón que pasará as noites en vela, atendendo os problemas domésticos dos seus veciños e sobre todo, as murmuracións, que en Louredo hainas a fartar.
Mentres, na casa reitoral espéralle unha sorpresa a Amelia: o último xesto altruísta de don Perfecto consistirá en dar asilo a un inmigrante en situación irregular. O mozo Abdul, chegado do Senegal, converterase no segredo máis grande que xamais tivese que ocultar a ama de chaves. Don Crisanto non debe sospeitar nada, cousa moi complicada.