Un 43% subiu o párroco emérito as tarifas en Santo Antonio de Louredo en só un ano! Delmiro quéixase de que un efecto directo desta subida é que cada vez hai menos vodas e claro, sen parellas como se vai a manter o padrón municipal? A polémica axiña derivará, como é de esperar, nun duelo: Igrexa contra Concello, Crisanto contra Delmiro... Quen casará máis parellas en menos tempo? E o que é peor (ou mellor): que astucias empregarán para imporse ao seu rival?