Desde o encontro co misterioso home, don Crisanto anda dos nervios. Tras tentar, sen éxito, demostrar a presenza do estraño en varias ocasións, o vello párroco empeza a pensar que a visión foi froito dun erro na medicación. Con todo, cando o cura xa estaba medio convencido das causas da súa aparición, volve atoparse con ela. Aínda que o home segue sendo igual de misterioso, don Crisanto ten unha cousa clara: trátase dunha visión porque ninguén máis na vila parece ser capaz de velo. Desesperado, o ancián tratará de pescudar o porqué da aparición, aínda que iso signifique pedir axuda ao seu maior inimigo, é dicir, Delmiro.
Pero o alcalde ten outras preocupacións. E é que ao abandonar Louredo para evitar solucionar o problema do salto do porco, puxo a todo a vila na súa contra. Un a un, todos os veciños móstranlle a Delmiro o seu malestar, cada un á súa maneira, e non tardan en pedir a súa dimisión. A pesar de todo, Delmiro toma a risa a situación. Non é a primeira vez que lle pasa. Pero nesta ocasión, algo parece cambiar e se quere recuperar a confianza da xente, o alcalde terá que botar man de medidas desesperadas, aínda que iso signifique un cambio substancial na súa vida. Na súa e a de Moncha, claro.