A Delmiro estalle custando máis do esperado recuperar a confianza dos veciños. Nin sequera a baixada do seu soldo como alcalde tivo efecto, aínda que o que si conseguiu é que Moncha se poña a traballar. Despois do seu nefasto intento no bar de Lidia, a primeira dama consegue un emprego no salón de peiteados de Puri.
Pero o traballo réstalle a Moncha tempo para dedicarlle ás tarefas domésticas, feito que non tarda en facerse notar na casa dos Ferreira. Sentíndose abandonado, Delmiro insta a súa muller a esixirlle melloras laborais á súa xefa. O que non conta é que con Puri calquera tipo de negociación correo serio perigo de transformarse nunha batalla campal.
Tras as infrutuosa tentativa de melloras laborais para a súa muller, Delmiro concentra todos os seus esforzos en recuperar a súa popularidade. O aínda alcalde de Louredo está convencido de que necesita un “elemento de distracción” que manteña ocupados os veciños e oculte a súa xestión. Pero o que? Miñato proponlle a don Crisanto, ao que Delmiro se nega rotundamente porque xa utilizou o vello párroco en numerosas ocasións e esta vez precisa algo máis gordo. O que Delmiro non sabe é que os encontros de don Crisanto co peculiar novo habitante de Louredo están a deixar pegada no cura e os fregueses comezan a preocuparse polo seu estraño comportamento.