A crise económica está pasando factura ao funcionamento das Administracións Públicas e o Concello de Louredo, neste caso, si é unha excepción. O presuposto deste ano é xeneroso como poucos e, grazas a iso, o alcalde está gastando máis ca nunca. Josito, cuxo sentido nunca o abandona, non lle encontra sentido ningún nin ao comportamento nin á política financeira do alcalde, e intenta encontrar unha explicación. Pero non a hai, ou o que é máis exacto, Delmiro non solta papa. Josito, lonxe de renderse, decide indagar pola súa conta. O primeiro que se lle ocorre é pensar que algún veciño doara cartos ao concello. Dous son os principais candidatos: don Rodrigo e Puri, xa que ambos herdaron unha importante suma de diñeiro nos últimos meses.
Con todo, Josito non tarda demasiado en descubrir que ningún dos dous destinou nin un deses céntimos ás arcas municipais. Rodrigo porque o doou a unha ONG e Puri, porque é Puri. Coa primeira das súas hipóteses descartada, a Josito non lle queda outra que seguir investigando. O culpable xa o ten: Delmiro. Agora só lle falta descubrir cal foi o seu delito.