A morte de seu pai converteu a Rodrigo no herdeiro dunha importante fortuna e no fundamento que reaviva todas as ambicións dos veciños de Santo Antonio de Louredo. Puri, que hai pouco que pasou polo mesmo, aconsella desde a súa experiencia de rica herdeira ao párroco. Pero vindo dela os consellos son, cando menos, peculiares.
Farto de verse perseguido por seus fregueses, Rodrigo decide organizar unha proba selectiva entre os habitantes da vila. O que gañe quedará co que herdou de seu pai. A cobiza non tarda en invadir os veciños, que botaran man das tácticas sucias para saír vitoriosos da proba e así facerse co botín.
E, mentres unha parte da vila loita por facerse coa herdanza de Marcial, a outra dedícase a facer de celestina. E é que todos foron testemuñas do interese de Urbano por Sabela. A timidez do policía local xoga na súa contra aínda que en Louredo sempre sobra quen che dea un empurrón.