No capítulo de “Padre Casares” unha triste noticia invade Louredo: Marcial, o pai de don Rodrigo, falece a consecuencia dunha longa enfermidade. Ao regresar á reitoral, o cura decide afogar as súas penas no licor café. Pero mellor facelo acompañado e, quen poder ser a mellor compañía? Miñato?, non, Sabela. E sen saber moi ben como, a noviza, que ata o momento non probara o alcol en toda a súa vida, descobre as propiedades de tan magna bebida galega, máis do que nun primeiro momento puidese pensar.
A noite de excesos de don Rodrigo e Sabela pronto se converte na noticia do día en Louredo. Vellos fantasmas do pasado regresan á vila e é que a relación de iria e Horacio aínda está presente na mente dos veciños.
E por se isto fose pouco, a don Rodrigo ábrenselle máis frontes. As dúbidas sobre que facer coas cinzas de seu defunto pai, farano dubidar de se realmente o coñecía.
Os restos de Marcial vanse converter na dor de cabeza de moitos dos veciños de Louredo, especialmente de don Crisanto. Ter no mesmo cuarto o vello cura da parroquia, as cinzas dun morto e un aspirador é tentar demasiado a sorte.