Noite de defuntos en Santo Antonio de Louredo. E con ela chegan, esta noite nun novo capítulo de “Padre Casares”, algúns dos acontecementos máis peculiares, estraños e divertidos que ocorreron nesta singular parroquia.
Despois de varios anos en que os veciños de Louredo estaban máis preocupados pola celebración pagá do día de Todos os Santos que pola festividade relixiosa, don Crisanto ten o firme propósito de que este ano non sexa así, e por iso organiza unha xornada de rezo na igrexa para honrar os falecidos da parroquia durante ese ano.
Na mente dos laicos como Delmiro, este tipo de celebracións non teñen cabida. Por iso, unha vez coñecidas as intencións de don Crisanto, o alcalde propón a súa alternativa: celebrar porto o alto o Samaín. Pero as contas do concello non están para moitas alegrías ou, mellor dito, para ningunha, e o alcalde ve truncados seus desexos de amolarlle a festa ao vello párroco.
Delmiro non é dos que se renden. Anuncia unha segunda proposta acorde coa situación económica do concello: un certame de contos de medo. Aínda que nun primeiro momento os destinatarios eran os nenos da vila, pouco a pouco os veciños acaban enchendo o local social para escoitar as atronadoras historias que Delmiro lles ten preparadas. Pero non será o único narrador de tan peculiar noite....