A recomendación de Sabela de que coide a alimentación parece chegar algo tarde para Sindo. O amor pola comida está na natureza do taberneiro e tantos anos de excesos acaban por pasarlle factura. Tras caer fulminado por mor dunha forte dor no peito, a preocupación invade Santo Antonio de Louredo. Os veciños están consternados e Lidia, obviamente, a que máis. A culpa invade a muller polo permisiva que foi todos estes anos co seu marido. Agora xa non hai nada que facer. Só queda esperar a que Sabela chegue a tempo e que finalmente todo quede nun susto, aínda que tras unha primeira ollada, a cara da noviza non é nada esperanzadora.
Desde que chegou a Louredo, a Sabela non lle falta traballo. O seu labor como médica vaise afianzando no día a día desa peculiar vila, aínda que os problemas non tardarán en chegarlle. A falta de instrumental necesario para exercer obrigará a moza a pedirllo a Delmiro, pero o alcalde non parece estar polo labor de facilitarllo e Sabela terá que recorrer aos veciños para que lle metan presión a Delmiro.