Nun novo capítulo de “Padre Casares”, os espectadores verán como tras salvarlle a vida a Urbano, converterse na heroína da vila e a chantaxe emocional á que a someteu Delmiro, a Sabela non lle queda outra que aceptar o ofrecemento de Delmiro para ser a nova doutora de Santo Antonio de Louredo. Pero converterse na salvadora oficial da vila, non só lle reporta un novo traballo senón que tamén lle confire unha popularidade inesperada.
Pronto se corre a voz en Louredo de hai novo doutor e o local social convértese nunha consulta improvisada á que non tardan en chegar pacientes de todo tipo e pelaxe. A falta de orde entre eles, así como o peculiar carácter das xentes da vila conseguirán provocar a fuxida de Sabela. Iso si, o seu traxecto non será moito máis alá do local social.