Que entre Sabela e Urbano hai algo é un secreto a voces en Santo Antonio de Louredo. É que os dous son tan tímidos que ningún se atreve a dar o primeiro paso. Por iso, cando Maite e Miñato fan de celestinas e organizan unha cea para a parella, todos na vila cren que a relación xa está encamiñada.
Con todo, co máis difícil feito, a Sabela éntranlle dúbidas. A súa anterior vocación segue aí, polo que cear con Urbano non lle parece o máis correcto. Desde que o deixou plantado, o municipal non levanta cabeza e, desesperado, busca axuda no ‘playboy’ oficial de Louredo.
Miñato, facendo gala dunhas tácticas de seducción máis que discutibles, convértese no asesor sentimental de Urbano, e a primeira das súas actuacións para lograr conquistar a Sabela pasa por cambiarlle o ‘look’ ao policía. Pero a nova e renovada imaxe non é suficiente. Fai falta algo máis: darlle celos.
A falta de candidatas locais obrigará a Miñato e a Urbano a buscar fóra da vila unha muller que se faga pasar pola moza do municipal. Nun alarde de xenialidade deciden contratar unha actriz, xa que si se trata de actuar, mellor que o faga unha profesional.