Celébrase o día do pai e Marcial convida a seu fillo, Rodrigo, a comer á casa familiar. Pero o mozo inventará todas as escusas posibles para eludir o compromiso; á fin e ao cabo, é día de precepto e, en datas tan sinaladas, un sacerdote non debe abandonar os seus fregueses.
En casa de Puri, Josito goza do agasallo do pequeno Antoniño. Lida e Sindo celebran a festividade asistindo á misa e rezando para que, algún día, teñan algo máis que celebrar... E Moncha e Delmiro esperan a seu fillo para cear.
Pero na casa do alcalde, este ano, o día do pai cobrará un sentido moi especial. Delmiro está pendente dos resultados da súa biopsia e confía en que a visita de seu fillo faga máis levadeira a espera. O primeiro edil é máis consciente que nunca de que, cada momento coa familia é importante, e está disposto a aproveitalo dunha maneira moi especial.
Na igrexa, os fregueses rezan pola saúde de Delmiro, pero ao alcalde non lle fai graza ningunha ser o centro de atención das beatas de Louredo. Rodrigo, preocupado polo seu veciño, tentará consolalo e animalo a ver as cousas doutro xeito