Fenómenos paranormais inquietan aos veciños de Louredo. A mesmísima Puri, a muller menos asustadiza da vila, cre ver a seu defunto marido, en varias ocasións. A beata busca refuxio na súa fe, pero as aparicións son cada vez máis habituais e a perruqueira ten que saber que está a pasar. Pronto, outros fenómenos acompañarán as estrañas aparicións. Como a chegada dunha estraña postal, enviada desde o máis aló... ; en concreto, desde o outro lado do Atlántico.
Súa filla Fina, preocupada pola situación, emprenderá unha investigación, para desenmascarar os responsables da que considera unha broma macabra. Mentres tanto, a tensión causará efecto en Puri, que se verá asaltada por vellos recordos e sentimentos atopados, e ata volverá fumar. Tras moito sufrimento, a muller decidirá tomar o touro polos cornos e buscar a opinión dun especialista: Don Rodrigo. É posible que seu home volvese de entre os mortos?
Pola súa banda, as súas amigas terán moi claro que facer en tal situación: primeiro, organizar unha sesión de espiritismo para falar co defunto. E segundo, se o anterior non funcionou, abrir a súa tumba para asegurarse de que está ben morto e enterrado.