Tras o roubo do cáliz na igrexa parroquial, non quedou máis remedio que instalar unha alarma. Pero Amelia non está moi convencida; ao fin e ao cabo, a don Crisanto nunca se lle deu demasiado ben lidar coas novas tecnoloxías. Será Rodrigo o encargado de ilustrar o ancián sobre o uso do sistema de seguridade. Pero o cura non tardará moito en leala. Memorizar o contrasinal converterase para o vello sacerdote en todo un reto.
O ancián preferirá os sistemas de vixilancia tradicionais. E nada mellor que un batallón de beatas, armadas ata os dentes, para disuadir a calquera posible ladrón. Pero o que sempre se lle esquece a don Crisanto é que a organización non é unha virtude que abunde en Louredo....
Mentres tanto, no concello, Delmiro emprende unha campaña de sensibilización. No seu desexo de velar pola saúde dos veciños, o primeiro edil convidará os louredanos, con métodos máis ou menos ortodoxos, a facerse un recoñecemento médico. Alguén levará unha sorpresa....