A moza de Santi, Silvia, convértese inmediatamente no centro de todas as miradas dos veciños e tamén no argumento de todas as conversas.
Os veciños están convencidos de que a moza non é tan boa como o antigo sancristán de Louredo pensa. Os veciños comezan a tramar algunhas actividades para que Santi abra os ollos sobre o verdadeiro carácter da súa noiva.
Pero non son estas as únicas leas do capítulo: Moncha e Delmiro regresan das vacacións para descubrir que Josito marchou vivir a casa de Lidia e Sindo.
Moncha entra en acción para solventar os problemas de parella do seu irmán, pero non vai manchar as mans: vai obrigar a Delmiro a todo tipo de filigranas para arranxar o problema.
Antes do novo episodio de Padre Casares, Televisión de Galicia emitirá unha nova entrega de Louredo responde. Neste programa, os espectadores poden ir coñecendo algunhas das particularidades dos personaxes da parroquia. A partir das 22.05 poderán saber por que Louredo ten un só policía co delincuentes que parecen todos os veciños.