O regreso de Santi , antigo sancristán de Louredo e compañeiro de fatigas de Miñato, deixou os habitantes da casa reitoral coa boca aberta. Ilusionado polo reencontro cos seus antigos veciños, Santi descubrirá que non se pode abandonar o lugar de onde un procede e esperar que todo siga igual que antes de irse.
E é que os veciños de Louredo habituáronse a vivir a súa vida á marxe do antigo sancristán. O trato recibido por quen cría os seus amigos, fará que Santi se reformule se son as persoas máis adecuadas coas que compartir o verdadeiro motivo da súa visita.
As merecidas vacacións do alcalde, deixaron a Josito á fronte do Concello. E, por tanto, tamén dos seus problemas. A falta de cursos no local social provocou que as mulleres de Louredo invadan os lugares, como o bar, habitualmente ocupados por homes. Fina tratará de axudar a seu home ofrecendo un curso de barbería. Obviamente, súa nai, que teme perder parte da súa clientela, fará todo o posible por evitalo.