“O teu día e o meu”, título do “Padre Casares”, é todo un canto ao amor entregado e tardío de dous adultos, un conto ao estilo Cincenta que está a punto de facerse realidade, se non fose porque o soño de Amelia e Lucas é demasiado intenso para ser real. O bico entre eles, definitivo e contestado, marca o inicio dunha relación que deixa perplexo a don Crisanto, desmaiado outra vez, e a toda a vila de Santo Antonio de Louredo. Con tanta tensión sentimental, o alcalde Delmiro decátase de que necesita unhas vacacións e abandonará o concello acompañado da muller, Moncha, a quen lle debía este regalo, aínda que a primeira dama de Louredo non quixera perder como evoluciona a historia dos noivos.
Como non todo pode ser felicidade, un imprevisto fará que Lucas teña que marchar por uns días para atender o padre de Rodrigo cando cae enfermo, e ao volver o mordomo vaille propoñer a Amelia que marche a vivir con el ao pazo, unha decisión moi difícil para ela porque non quere abandonar a reitoral nin deixar a don Crisanto, así que terá que enfrontarse a un dilema.