Un ramo de flores vai ser o detonante dunha nova historia de amor en “Padre Casares”, en que a unha das súas personaxes máis entrañables, Amelia, lle vai ocorrer algo semellante a “Morrer de amor...ou por amor”, como así se chama o capítulo de hoxe. Un dos primeiros en observar esta posible tensión amorosa é Rodrigo, que lle intenta tirar da lingua a Lucas, o mordomo, o presunto noivo de Amelia, que está provisionalmente axudando na casa reitoral. Namentres tanto, a gobernanta busca calmarse na confesión, pero nin don Crisanto é quen de sacarlle información á muller máis discreta de Louredo. Amais, na casa reitoral a relación é cada vez máis intensa entre Amelia e Lucas, desde aquel primeiro bico que se deron.
As que están encantadas con especular sobre esta posible relación son as mulleres da parroquia, que están máis unidas ca nunca desexando saber se é certo que Amelia podería ter noivo. Noutros escenarios, o alcalde Delmiro inicia os preparativos para la próxima festa do patrón San Martiño, que en principio parece que este año sería máis doado de organizar o “Salto do porco”, ante as ausencias de D.Horacio e Maite, sen saber que cometerá un erro por deixarlle o encargo ao seu cuñado Josito.