Conta como é a vida na parroquia despois dos excesos da Noitevella e que esta noite emite a Televisión de Galicia.
Para combater eses excesos Amelia prepara un caldo limpio que pon dos nervos a don Crisanto. Pero non todo o mundo deu carpetazo ás festas. Miñato, por exemplo, segue no bar de Louredo coa troula ampliando as celebracións do cambio do ano grazas, entre outras cousas, a que volveu a trunfar en asuntos amorosos. Coma sempre, Miñato exhibe a súa nova peza de playboy por todo o pobo e, a dicir dos conveciños, sen ningún recato. Pero esta exhibición non vai pasar inadvertida para os veciños da localidade, que ameazan con sublevarse ante o descaro e a «porcallada» da nova parella.
Maite marchou e Delmiro quedou sen cursos para o local social. Miñato, en todas as salsas e sen perder puntada, propón que a nova responsable dos cursos sexa a súa noiva. En canto a nova monitora comeza a exercer, os alumnos aplican a súa habitual terapia de choque e comezan a sacarlle defectos ata o punto de que «lurpia» é o máis fino que lle din. Como sorpresa chega Lucas, que coidara a Rodrigo cando era neno.