“Natividade” é o título do novo capítulo de “Padre Casares”, que emitirá a Televisión de Galicia esta noite. Seguen os ensaios do coro, pero os louredanos senten que non hai nada que facer fronte aos favoritos, de Tapeirán. Ademais, a última hora sumouse á súa desgraza a baixa de Lida, a até agora solista da coral. E é que a hostaleira recibiu con enorme tristeza a desestimación da súa solicitude de adopción. A nena chinesa á que Lida e Sindo querían con tolemia (e iso que nunca chegaron a coñecela), nunca chegará a Louredo.
Sindo buscará consello e axuda en calquera que poida darlla pero non poderá evitar que a situación de Lida empeore día a día. A muller tratará de saír adiante coma se non pasase nada... pero a súa tristeza é tan grande que non tardará en derrubarse por completo.
A que tampouco pasa por un bo momento é Maite, á que o encontro cunha antiga coñecida da universidade fíxolle reformularse a súa vida. Que foi dos seus soños? En que punto atópase a súa carreira? Que futuro lle espera á súa filla en Louredo, o mesmo que a ela? Chegou o momento de tomar a decisión máis difícil da súa vida...