África África (Padre Casares en Malí) As novas aventuras da novena tempada de "Padre Casares" arrancan hoxe cunha exclusiva tv movie, gravada na República de Malí, onde Horacio Casares cumprirá por fin o seu soño de viaxar ás misións, aínda que a experiencia non vai ser exactamente como el se imaxinaba. Con esta entrega especial da serie en "África", a Galega abre unha nova etapa na vida dos habitantes de Santo Antonio de Louredo.
Este especial de Horacio Casares en África é o resultado da viaxe que os actores e o equipo técnico da serie realizaron no mes de maio a Malí, co convencemento de dar a coñecer ao mesmo tempo a actividade que contra a pobreza e a exclusión social realiza Red Voces nestas terras.
A emisión das aventuras africanas que compartiron Horacio e Delmiro , despois da cal se verá un documental especial sobre como se gravou "Padre Casares en África", servirá para divulgar entre o público galego o proxecto que Red Voces desenvolve en Bamako consistente nun centro de arte e formación.