A vila de “Padre Casares” vai ser protagonista de todo un referendo en que os veciños se entregan para votar como prefiren celebrar o Nadal, se pola liña tradicional dun Nadal católico, apostólico e romano, que lideran Lidia e Moncha, ou pola que lidera o alcalde Delmiro, á fronte do bando laico, que opta por non dedicar nin un euro das arcas públicas á decoración natalicia. Os veciños católicos non están nada de acordo con esta iniciativa, por moitas crises que haxa e, pola súa parte, Rodrigo, intenta transmitir aos seus fregueses o verdadeiro sentimento do Nadal: lembrar o nacemento do fillo de Deus.
Unha vez aberta a campaña, a publicidade non se fai esperar por ambos os bandos, chegando a utilizar uns carteis bastante agresivos, aproveitando calquera lugar da vila, e incluso Rodrigo aproveita o seu sermón para introducir a mensaxe de que o Nadal non é político, senón relixioso. Amais, ante os problemas de falta de memoria de don Crisanto, a Rodrigo ocorréselle que para non estar vixiándoo continuamente o mellor é poñelo en contacto co servizo de teleasistencia para maiores da Cruz Vermella, sempre que o párroco se deixe, claro.