Os habitantes de “Padre Casares” están empeñados en comparar os dous curas máis emblemáticos de Louredo, antes Horacio, e agora Rodrigo, dúas personalidades ben distintas como se encarga de recordar constantemente Amelia, a asistenta deles dous, que lle recrimina a Rodrigo non se ter adaptado ao estilo de vida dos seus veciños e que o problema está no seu carácter egoísta e frío, máis propio dun funcionario que dun sacerdote. Amais, a maioría dos fregueses está de acordo en que non sabe coidar do seu “rabaño”. Ante as críticas, Rodrigo vaise tomar moi en serio o problema e, ferido no seu orgullo e vítima de constantes comparacións co seu antecesor no cargo, decidirá aplicarse máis na súa relación coa comunidade de Louredo, ofrecéndose para axudar en todos os conflitos cos que se atopa; o problema está en saber cando o necesitan e chegar no momento axeitado.