Despois dos feitos vandálicos acontecidos arredor das novas máquinas instaladas en Louredo, os habitantes da vila viven agora en primeira persoa a desesperación de Miñato, despois da ruptura con Maite, que busca o consolo dos veciños para intenta fuxir da desesperación, seguindo os consellos exemplares de Delmiro e Sindo para volver ser el mesmo e recuperar o toque daquel personaxe de múltiples historias que era antes. Para curar o mal de amores, Miñato afronta o reto que lle propón Delmiro: conquistar a primeira muller que pase por diante...que vai resultar ser a mesmísima Puri, capaz de enfrontarse ao "play boy" oficial de Louredo no seu estado máis puro.
Namentres Miñato desprega as súas artes de sedución, no concello Maite parece ter atopado a solución para cubrir o traballo deixado pola marcha do ex-noivo: un curso de xogos tradicionais galegos para nenos, unha arma de dobre fío para o alcalde, que pretende atraer os pais como votantes potenciais. A idea complicarase cando as mestras do curso, as beatas da vila, convertan as súas demostracións nunha auténtica batalla campal, nunha loita polo título de mellor xogadora de Louredo.