Os habitantes de Louredo amosarán hoxe que son capaces de estar á altura dos novos tempos e que non van quedar ancorados no pasado. Para comezar por Don Crisanto, que parece decidido a entrar na era da Internet para transmitir certas queixas de Rodrigo, comprobando que as novas tecnoloxías tamén teñen os seu riscos. Unha destas queixas ten que ver con Rodrigo, quen, máis moderno que ninguén, opta por instalar na parroquia unha máquina expendedora de cirios, que dividirá os veciños en dous bandos, os favorables ao progreso e libre competencia e os que apoian a Lidia polo feito de ser a que ostentaba o monopolio da venda de candeas. O cisma complétase cando Delmiro, como alcalde, tira proveito da situación para facerlle a competencia á máquina dos cirios con outra máquina de moi distinta índole.
Alleo a este enfrontamento, Miñato vivirá o seu calvario particular coa filla de Iria cando lle descobre unha mancha de nacemento igual que a dun veciño de Tapeirán que ten moi mala sona....