Todos os habitantes da vila de Louredo conmóvense cando coñecen a morte do enterrador, Fariñas, xusto no momento en que está sentado na casa reitoral agardando que don Crisanto lle dea unha resposta á súa petición de aumento de soldo, que parecería que o fregués morrera de tanto esperar...
Pero deseguido a triste noticia dá paso á euforia por saber a quen lle deixa o morto a herdanza, pois Fariñas non ten familia, nin para repartir as súas leiras nin para que o enterren. A sorpresa será maior cando se lea o testamento, pois o falecido deixa todo á parroquia, coa condición de que se lle faga un funeral por todo o algo, con carpideiras incluídas.
A disputa pola herdanza entre don Crisanto e a alcaldía chegará ata niveis inimaxinables, xa que Delmiro inicia unha campaña de descrédito contra a parroquia baseada nas estrañas circunstancias que envolveron a morte, sacando a relucir todo un arsenal de ameazas.