Todos en “Padre Casares” se poñen en acción para buscar o tesouro que o pai de Delmiro lle deixou en herdanza como regalo de Franco, unhas caixas cheas de documentos históricos que atopa o alcalde na igrexa, ou sexa en territorio católico. Pero, para sorpresa de todos, o que aparece é un mapa que leva ata un tesouro ao que todos queren tirar proveito, o alcalde porque pensa que se trata dun importante descubrimento arqueolóxico para que Louredo poida ser nomeado Patrimonio da Humanidade; Miñato porque pode tratarse dun tesouro de valor económico e don Crisanto porque se ilusiona con atopar un novo santo para que Louredo sexa capital da Cristiandade.
Coa expedición arqueolóxica en marcha, ninguén, agás Moncha, acorda de examinar outra das caixas atopadas na igrexa, así que a muller do alcalde vai levar unha gran sorpresa cando vexa entre os documentos un certificado moi especial, un título nobiliario que lle provocará auténticos delirios de grandeza.