Nesta ocasión a vila costeira de Santo Antón de Louredo celebra unha das festas máis típicas do calendario gastronómico galego, o San Martiño, e o cocho de Puri converterase sen querelo en protagonista: o animal, tremendo co seu destino, non está disposto a cumprir coa tradición. Doutra parte, o Padre Horacio Casares descubrirá na celebración das primeiras comuñóns dun grupo de nenos da vila que non todos eles están igual de preparados para recibir o Santo Sacramento.