As mulleres de Santo Antón de Louredo xa teñen un novo tema de conversa: o alcalde 'roxo', que volve ser o Delmiro de sempre, aproveita que Moncha non está na casa para organizar unha festa á que asistirán só os homes da vila. Na reunión de homes, Sindo descobre que o manitas da vila, Miñato, e a súa muller Lidia, foron mozos hai tempo, e mesmo chega a crer que Lidia aínda pode sentir algo por el. Sumido nun mar de dúbidas, Sindo recorre á amiga inseparable da súa Lidia, Elsa, sen pensar que a muller segue namorada del.