Neste capítulo, que leva por título O testamento e o embarazo, dúas noticias completamente opostas van revolucionar a vila de Santo Antón de Louredo.
Por unha parte, a señora Jesusa, á que Puri leva anos coidando, decide no leito de morte deixarlle todos os seus bens á igrexa, algo que nin Puri nin o concello consideran moi xusto; e, pola outra, Maite, obrigada a deixar as clases, convértese no centro de todos os dixomedíxomes e, aínda máis, cando se coñece que está embarazada pero non se sabe de quen é a criatura.