Os veciños de Louredo enfróntanse a unha epidemia de gripe. A vida da pequena vila mariñeira verase moi alterada pola enfermidade. Os veciños terán que organizarse para evitar o caos. Un brote de gripe ameaza a vida tranquila de Santo Antonio de Louredo. Os veciños caen como moscas co virus. O problema chegará cando o funcionamento correcto de certas institucións perigue a causa das baixas, porque hai cousas imprescindibles para a vida de Louredo: a parroquia, o Concello e, por suposto e por diante de todas, o bar.