Santo Antonio de Louredo converteuse nun punto negro no mapa automobilístico. O motivo: a crecente falta de pericia de don Crisanto ao volante. O sacerdote maior non é consciente da súa falta de reflexos e os veciños decidirán poñer freo á situación, polas boas ou polas malas. As autoridades non poden facer nada porque o ex párroco conduce un coche dos que non necesitan carné. Cal será a solución? Os espectadores da Televisión de Galicia vivirán en directo unha traxedia nova na vida de Elsa: a fuxida, monte arriba, de Blanquiña, a súa ovella favorita; suceso que provocará a mobilización das forzas vivas de Louredo para buscar o animal extraviado. Unha grande historia de tenrura e solidariedade pero ao estilo de Santo Antonio de Louredo...
Santo Antonio de Louredo converteuse nun punto negro no mapa automobilístico. O motivo: a crecente falta de pericia de don Crisanto ao volante. O sacerdote maior non é consciente da súa falta de reflexos e os veciños decidirán poñer freo á situación, polas boas ou polas malas. As autoridades non poden facer nada porque o ex párroco conduce un coche dos que non necesitan carné. Cal será a solución?