O padre Casares e a vila de Santo Antón de Louredo van vivir hoxe unha xornada extraordinaria ao fío da actualidade, xa que van participar nun conto que está a circular por toda Galicia para celebrar o mes das Letras Galegas: a vila de maior éxito televisivo non podía quedar allea á efeméride cultural e ata ela vai chegar a caravana de O contador, a campaña institucional que botou a andar por todas as vilas galegas e que consiste na reconstrución dun conto en cadea co obxectivo de detectar diferenzas dialectais. Pois ben, o padre Casares vai ser un dos que non perdan esta oportunidade, como tampouco os fregueses de Louredo, que cando entren no Contador e preman o play van levar máis dunha sorpresa... Amais, intentando axudar aos máis necesitados da vila, Amelia e Horacio decátanse de que os petos do santo foron forzados e están baleiros, chegando á conclusión de que hai un ladrón en Louredo. Doutro lado, a doazón dos libros que D. Crisanto tiña no faiado fará que este se enfronte a Delmiro poñendo á vila e á muller do alcalde en contra de Delmiro.
O padre Casares e a vila de Santo Antón de Louredo van vivir hoxe unha xornada extraordinaria ao fío da actualidade, xa que van participar nun conto que está a circular por toda Galicia para celebrar o mes das Letras Galegas: a vila de maior éxito televisivo non podía quedar allea á efeméride cultural e ata ela vai chegar a caravana de O contador, a campaña institucional que botou a andar por todas as vilas galegas e que consiste na reconstrución dun conto en cadea co obxectivo de detectar diferenzas dialectais. Pois ben, o padre Casares vai ser un dos que non perdan esta oportunidade, como tampouco os fregueses de Louredo, que cando entren no Contador e preman o "play" van levar máis dunha sorpresa...