Búscase sancristán para pequena vila mariñeira, con freguesías singulares. Cecilia despediuse e a parroquia necesita, de maneira urxente, unha persoa que se encargue de axudar o párroco nos seus labores. A sorpresa chegará cando Josito, despedido polo seu cuñado -o alcalde- nun arrebato dos seus, cambie o concello pola igrexa. Para uns, unha traizón; para outros, un auténtico perigo. Mentres tanto Louredo sóbese, unha vez máis, ao carro da modernidade. O centro social planea un curso sobre planificación familiar. Dirixido pola encantadora Maite, o curso resulta especialmente atractivo para algúns veciños; non así para o sector máis tradicional da vila
A semana pasada a vila mariñeira de Santo Antonio de Louredo vivía conmocionada por dous sucesos: o abandono dun neno na casa do párroco e o descubrimento do primeiro homosexual declarado da localidade. Unha vez máis, Horacio Casares exercía de mediador. Nesta ocasión, o conflito saldábase con varios lesionados. Horacio, Iria e Maite eran vítimas colaterais das labazadas perdidas. Pola súa parte, don Crisanto decidiu poñer punto final á suposta crise moral da vila. Cecilia, a sancristá moza, ante os reproches do sacerdote decidía abandonar o seu posto de traballo. Esta semana en Padre Casares, oferta de emprego para sancristáns.