Quen o diría, pero os veciños de Louredo xa están máis que fartos das idas e vidas do Padre Casares, que prepara a súa viaxe a Roma, así que, antes de que o bispo lles impoña un párroco novo, van propoñer que sexan eles, a través da realización dunha proba de selección, os que elixan o substituto de Horacio. No medio desta elección popular, a vila de Santo Antonio de Louredo amósase dividida entre os plans de voda de Fina e Josito e os de Maite e Miñato, xa que mesmo entre as parellas non se poñen de acordo e tamén provoca unha disparidade de opinións entre os familiares dunha e doutra, sobre que tipo de cerimonia van celebrar.