As festas na honra de Santo Antonio están a punto de comezar. Os veciños xa traballan nos preparativos para que a celebración sexa perfecta, sobre todo o acto principal: o tradicional salto do porco desde o campanario da igrexa. O máis importante será coidar ben do porco ata o día do patrón, o que se converterá nunha tarefa moito máis difícil do que esperan. Ademais terán que amañarse para lidar con Horacio, que está disposto a pór todos os medios para evitar que realicen a súa homenaxe peculiar ao santo.
Á vez, a visita inesperada do sobriño de don Crisanto, que foi expulsado do seminario, atrasa a marcha do vello párroco. Con todo, o forte carácter do mozo enfrontarao a seu tío e revolucionará os fregueses co apoio dun camarada, Delmiro, o alcalde, sempre disposto a enrolarse en calquera aventura coa que poida amolar os seus veciños "corvos".