A crise invade a parroquia de Louredo. Os medios de comunicación pronto se fan eco da noticia e sitúan a Delmiro como responsable pola súa mala xestión. Os diversos intentos do alcalde para recadar fondos fracasaron e, con toda a vila na súa contra, Delmiro encóntrase ante o peor transo do seu mandato. Nun momento tan crítico, o único que lle ofrecerá o seu apoio será o padre Casares, pero parece que o orgullo do alcalde é demasiado grande para aceptar a axuda dun cura. O que non saben os veciños é que detrás de toda esta campaña de desprestixio está un vello inimigo do rexedor, disposto a facer o que sexa para velo caer.
Por outro lado, a visita da exuberante prima de Maite dará moito que falar nesta parroquia tan amiga do conto pero sobre todo desatará os celos da animadora social, especialmente cando a acabada de chegar comece a acercarse a Miñato.