Os graves problemas económicos que atravesa o concello de Santo Antonio de Louredo, localidade onde transcorre a acción de "Padre Casares", agudízanse cada vez máis e continúan dando rompedeiros de cabeza ao alcalde. Froito da desesperación, Delmiro chega ao que parece unha boa idea: a celebración dunhas "xornadas gastronómicas" con cogomelos autóctonos. Con todo, durante o festexo algo sucederá que quedará marcado para sempre na memoria dos fregueses.
No medio deste caos producirase un roubo misterioso que, ao día seguinte, tocaralle resolver ao policía da parroquia. Urbano, cos testemuños dos veciños, terá que reconstruír os feitos do "día de autos" para esclarecer o enigma.
Á vez, a festa traerá consigo consecuencias inesperadas para Maite e Miñato. A animadora sociocultural e o chapuzas da parroquia terán un novo achegamento cun desenlace moi especial que non deixará indiferente a ninguén.