Os veciños de Sanfíns estanllo a poñer moi difícil á muller do alcalde na tarefa de animador dominical. Moncha pronto se decatará de que os esforzos por facerse co posto non son máis que o comezo dunha carreira de obstáculos que os fregueses de Sanfíns se encargarán de poñer no seu camiño. O primeiro deles será unha espiñosa pregunta: Son pecado as mentiras piadosas?
A este dilema terán que responder tamén Sindo e Lidia, pois na carta que escribiron manifestando a súa intención de adoptar, Sindo non contou precisamente toda a verdade. O problema virá cando reciban a nova de que unha psicóloga, impresionada pola carta, faralles unha entrevista persoal para avalialos.
Doutro lado, Maite decláralle a guerra a Miñato polo posto no concello. En seguida, homes e mulleres sumaranse a este enfrontamento, transformándoo nunha auténtica loita de sexos.