Os resultados da proba para ser elixido animador dominical sorprenden a todo Louredo, onde os veciños non van aceptar que o posto sexa para Rodolfo, o fillo de Puri, nin D. Crisanto nin os fregueses están dispostos a que unha persoa homosexual desenvolva esta función. Sen embargo, a polémica nai non pensa permitir que censuren a Rodolfo por esta causa, namentres que Delmiro aproveita a oportunidade para meterse, unha vez máis, contra a igrexa. O caso é que este enredo servirá para instaurar unha nova tradición na vila que ninguén se pode imaxinar.
Doutro lado, a crise en que se ve inmersa a vila vai afectar tamén ao presuposto do concello, en concreto á partida de animación sociocultural que leva Maite, o que fará que os cursos impartidos por ela deixen de ser gratuítos...así que o seu posto de traballo se verá ameazado. Pero Maite, para a súa propia sorpresa, atopará o apoio de Miñato, o chapuzas oficial da parroquia, o que fará que o comece a ver con outros ollos.