"Soñar non ten cancelas", con esta premisa achéganse as novas aventuras de Padre Casares, en que vai ser protagonista o matrimonio de Sindo e Lidia, porque non están dispostos a renunciar ás súas ansias de ser pais. Como Sindo é estéril, a parella manexa outras opcións como a inseminación artificial, que require dun doador, e para axudar á causa do matrimonio, o alcalde da vila, Delmiro, pídelles aos veciños a súa colaboración para implicarse nunha campaña de apoio presentándose a unha proba de selección que de seguro dará moito que falar. Doutro lado, o curso de animador dominical segue a dar guerra, especialmente a D. Crisanto, que ten que lidar coa oposición dos fregueses para que, por nada do mundo, sexa Conchita de Tapeirán (a vila inimiga) a elixida e poida acabar así coa honra de Louredo.