A inminente chegada do Santo Pai a Compostela causa un gran balbordo en Louredo. Os fregueses están moi ilusionados coa participación que terán en tal acontecemento, pois o coro da parroquia foi seleccionado para entoar o himno ao Apóstolo nos oficios que se van celebrar. Sen embargo, terán que pelexar por conseguir ese privilexio: Só dous deles serán os elixidos para deleitar co seu cántico ao Sumo Pontífice. A batalla polos postos de solista está servida.
Por outra parte as beatas, coa muller do alcalde á fronte, planean ao milímetro os detalles da excursión a Santiago. Pero pronto se encontrarán no seu camiño con máis dun imprevisto. Ademais, alguén en Louredo fará todo o posible por deslucir a chegada do gran corvo branco.
Mentres, Horacio recibirá con grande ilusión unha noticia especial do bispado. Foi elixido para concelebrar co Santo Pai, pero Don Crisanto non aceptará este feito precisamente con agrado.