O matrimonio de Sindo e Lidia, que dirixe o ultramarinos de Louredo, ansía ter un bebé e o taberneiro, que descobre que non pode ter fillos, recibe a noticia de que a muller está embarazada. Sindo, posuído polos celos e as sospeitas sobre quen será o pai da criatura, dará cun maquiavélico conselleiro que complicará aínda máis a situación. Namentres, as clases para a elección de animador dominical seguen a complicarlle a vida ao Padre Casares porque as beatas se van queixar da man dura de D. Crisanto e porque na competición vai entrar unha nova compañeira que non é do seu agrado, Conchita de Tapeirán, a vila inimiga, ante quen as freguesas de Santo Antonio de Louredo non pensan quedar cos brazos cruzados.