As aventuras da vila de Santo Antonio de Louredo quedan pequenas ao lado da traxedia pola que atravesa neste capítulo a pastora Elsa, que se enfronta a un difícil transo cando o seu rabaño se ve ameazado pola enfermidade e unha da súa ovellas máis queridas morre de súpeto. Desolada, Elsa busca o apoio dos veciños, pero só é Moncha, a muller do alcalde, quen sabe consolar a súa fiel amiga, nunha traxedia que lle afectará máis do que nun principio imaxina. Namentres, Horacio tamén terá que afrontar un grande estrés de traballo, sen tempo sequera para asimilar a marcha definitiva de Iria, pois coa morte do párroco de Sanfíns as beatas da vila veciña demandan unha solución e no bispado están demasiado ocupados coa inminente visita do Papa. Así as cousas, o cura novo terá que buscar o apoio da freguesía e só un deles será o elixido para oficiar, como animador dominical, as misas en Sanfíns, unha honra que poderán acadar se superan un curso impartido por un profesor moi esixente.