Chega o tempo de Coresma a Santo Antonio de Louredo e as beatas prepáranse para o xaxún, pois a tradición cristiá aconsella privarse do consumo de carne os venres de Coresma e o Mércores de Cinza. Pero despois dos excesos do Nadal e do Entroido, as mulleres da vila deciden ser máis papistas que o Papa e pactan unha vixilia total: nada máis e nada menos que corenta días sen probar carne... A pregunta é, serán capaces de soportalo os homes de Louredo? Os principais prexudicados desta historia van ser Delmiro e Josito, que sufrirán nas súas carnes o exceso de devoción de Moncha, pero que ante esta falta de carne vermella o alcalde acumulará a ira necesaria para tramar a mellor das vinganzas, como organizar unha lacoada popular. Inamovible na súa decisión de amolar os católicos da vila, Delmiro recorrerá aos carneiros de Elsa, a maior defensora dos animais en Louredo, que vai caer na trampa do alcalde, convencida de que van vivir nunha especie de zoo, como unha exposición sobre o modo de vida da Galicia rural.
Pola súa parte, Santi, o sancristán, está a vivir un momento de reflexión, pois ao lado de don Horacio fíxose maior e chegou o momento de pensar no seu futuro e en que quere ser na vida. De momento, o mozo observará con atención os oficios dalgúns do seus veciños....