Purificación, a veciña máis guerrilleira de Louredo, está en pé de guerra. A perruquería vai vento en popa e as clientas non lle faltan, pero a muller máis emprendedora da vila atopouse coa burocracia. A cuestión é que Delmiro, o alcalde, non lle quere dar a licenza para o seu negocio, porque non dispón da formación necesaria. A louredana utilizará todos os medios para lograr os seus obxectivos.
Puri crea tendencia e as súas clientas non van a permitir que o seu salón de beleza sexa clausurado. Ademais, os seus peiteados son un símbolo de status en Louredo: a máis laca, máis relevancia social e a que leva os topetes máis elevados é, por suposto, a muller do alcalde.
Así que, se Moncha non quere perder o seu sinal de identidade, deberá empregarse a fondo co home e conseguir a licenza para a perruquería. A alcaldesa consorte planea xa varias ofensivas: seducir a seu home cos mellores manxares e pór orde no despacho da alcaldía. Pero un descoido e a inoportuna axuda de seu irmán Josito farán que perda un dos máis prezados tesouros de Delmiro.... e Moncha terá que pagar por un erro tan terrible.
Doutro lado, a parroquia celebra a festa da Candelaria, a freguesía disponse a comprar as velas que ofrecerán na igrexa. Unha broma de Puri fará que Elsa sufra o indicible por conseguir velas de cor laranxa, necesarias para asegurar a protección das ovellas. Horacio e Crisanto vivirán sorprendidos a proliferación de supersticións das velas de cores. Tradición foránea ou engano?