Chegou o gran día á parroquia de Santo Antonio de Louredo: Miñato casa por fin. A vila prepárase para celebrar o acontecemento máis emocionante dos últimos anos. Pero son moitos os que non lle auguran un final feliz a esta unión.
O que descoñecen os veciños son os motivos que propiciaron esta inesperada voda. Unha cuantiosa herdanza animou a solteira máis caduca de Ferráns a dar o paso cara ao altar do brazo de Miñato. Rodolfo é o encargado de facerse cargo do vídeo nupcial.... se a cousa se pon interesante, sempre se pode colgar no Youtube.
Mentres, a relación entre Fina e Josito transformouse nun sen vivir. Ela está enfadada co cuñado do alcalde polo malentendido extravío dunha carta. Moncha e Rodolfo, os irmáns dos namorados, decidirán dar un empurrón ben intencionado á relación, pero en Louredo os empurróns son perigosos, e as boas intencións aínda máis.