A parroquia de Santo Antón de Louredo prepárase para festexar por todo o alto o Entroido, unha das festas populares máis importantes de Galicia, sobre todo na provincia de Ourense. Porén a mostra de disfraces nesta vila costeira causará máis que un motivo de diversión, un novo sobresalto para algún dos seus habitantes: Don Crisanto, o "vello pastor" da igrexa, sofre un ataque de ansiedade por culpa da comparsa que o Concello, con Delmiro á cabeza, preparou para o Entroido deste ano.
Pero, á marxe desta circunstancia e mentres Don Horacio coida dun Don Crisanto que non deixa de recibir sustos debido a súa relixiosidade extrema, emerxen os problemas sentimentais: Maite pensa que Iria renunciou ao amor tralo seu fracaso sentimental con Ernesto. Por iso intenta buscarlle parella, malia que a mestra non deixa de repetir que non precisa dun home para ser feliz.