Conchita de Tapeirán decide marchar de Santo Antonio de Louredo na procura de Tomás, o home, e deixa os fillos temporalmente a cargo do "Padre Casares". Nesta nova experiencia da súa vida, Horacio comprobará de primeira man o difícil que resulta exercer como "pai" aínda que, afortunadamente, contará coa axuda incondicional de Iria, a mestra da vila, que renunciou ao amor tras o seu fracaso sentimental con Ernesto.
Porén a Don Crisanto, que xa se recuperou do ataque de ansiedade do Entroido, xa lle xurdiu unha nova preocupación, pois non está conforme co rol que está a asumir a mestra dentro da casa que comparte con Don Horacio: os acontecementos acabarán por darlle a razón ao vello sacerdote...