O clero volverá estar envolto na polémica unha vez máis na vila. Unha lectura durante a misa será desta volta a que cause a controversia entre as mulleres da parroquia de Santo Antón de Louredo. Ao tanto do acontecido, o cura 'roxo' Delmiro encabeza unha protesta que ameaza mesmo con chegar á Santa Sede, aos oídos do papa: algúns dos veciños da vila esixen que a Igrexa Católica pida dunha vez por todas perdón polo trato discriminatorio dispensado á muller. Ademais de aturar as revoltas da freguesía, don Horacio intentará axudar a resolver os problemas de parella de Ana, a sobriña de Amelia, e David, o fillo de Moncha e Delmiro: o neno que esperan está a punto de chegar ao mundo e aínda andan enfadados.